21.2.07

Antroido

1.-
Nun bar, un grupo vestidos de corsarios do corte inglés.
- Mira, nos puedes sacar una foto? - Di unha corsaria blandindo unha camariña dixital.
- Non- Di Desorde.
- ...(!!!!)

2.-
Laza: por fin, logo de moitos anos, fun a ver o mítico antroido. Pareceume unha metáfora do país. Unha pequena vila que hai anos debeu ser ben bonita, agora destrozada e inda por riba encaixada nuns montes noxentos cultivados por completo de piñeiros que son un auténtico polvorín, que ou ben arderon ou ben, faranno o próximo verán. Cada ano pechan unhas 20 casas, eso sí, en atroido, para a festa o pobo énchese de xente para participar/observar no/o fenómeno atropolóxico que dentro de pouco ficará conservado en metacrilato. A xente: unha incerta cantidade de semi pes-negros e peña disa pertencente ao sector que denominarei nacionalista-alucinógeno-cultureta, moitos de aldeas bastante lonxanas (que nin antroido teñen xa). Un alcalde pailán decimonónico , fanático e que organiza eventos gastronómicos (sería redundante dicir que do PP) ... Como o país pero en miniatura. Non creo que haxa en ningures días tan tristes para os de Laza como o mércores de cinza.

Nenhum comentário: