27.12.06

Literatura (Galega) na Radio Galega

Parece claro que o que estaba a facer era bastante tedioso, así que puxen a radio. Pero non calquera senón a Radio Galega e salíu un programa chamado Diario Cultural. Falaban do mellor do 2006 en canto a literatura e de desexos para o ano que ven (onte día 27 de decembro). Ben, quedei abraiado. Os críticos e escritores/as que por alí opinaban supuñan un montón de cousas. A que máis me sorprendeu é que cren que hai un público de "literatura galega", é dicir, para a xente que lé, éstá a literatura e logo a literatura galega, por un momento pareceume escoitar a verba "consumidor"; da a impresión de que a literatura (galega) é un sistema literario ao marxe do resto da galaxia. Foi triste comprobar como falaban desta literatura (Galega) como unha especie de producto de moda, pois os criterios de interese era a innovación e a orixinalidade; en definitiva senón "innovas" ou non es "orixinal" xa non tes nada que facer; por suposto que falaban únicamente do plano estilístico que inda é máis demencial se cabe.
Menuda presión, ter que ser sempre innovador e orixinal.
En definitiva, segundo estos señores e señoras (maioritariamente) a literatura é un producto e a literatura galega un ben de consumo para un público concreto. Claro que se cadra estaban a falar só de moda, xa sabedes, gafas de sol, bolsos, pareos, jeans, vestidos otoño/inverno... etc.
Sentín noxo e algo de tristura.

2 comentários:

Anônimo disse...

concordo...

máis ca nunca concordo contigo...

iso si...


confeso...

levo afastada un tempo das novidades editoriais. agora dedícome só ós caprichos. se un libro o anuncian moito, pásame como coas pelis, elixo outra opción.

que pases un bo ano (xa que non coincidimos case nunca)

xa sabes, un ceo cheo de descubertas enteiro de agasallo.

beijos.

Anônimo disse...

e engado...

concordo porque escoitei ese mesmo programa ese mesmo día, e tiven a mesma sensación.

sara