24.10.06

variacións

exceso: hormonas femeninas periódicas que me afectan. é moi curioso esto da transhormonación. ten que ver coas inundacións. se non entendedes nada, pensade. e se non tedes tempo para facelo é que tedes mellores cousas que facer polo que me aledarei por vos.
o dos putos blós: leo aquí que o blogomillo desaparece. alédome: o meu senso de colectividade quedou moi deteriorado tras pasar uns cantos anos no planeta. podería desenvoler a idea, non? pero paso, dame preguiza.
moda: é unha moda esto dos blós? simplemente é un novo bucle e os blós están sometidos ás leis da selección natural. que ninguén se preocupe.
reunión: a semana pasada fun a unha, un tanto extrana, a xente que falabamos nela sabíamos todas as palavras: interdisciplinariedade, pluralidade, transversalidade, etc. vamos, toda o rollo moderno e guai, pero que xa sona a antigo e desgastado. habería que escribir un pequeno manual, que quedara todo inservible de novo e así poder inventar un novo catálogo de valeiros conceptuais.
coñac: levaba todo o día con sono, seguín currando lentamente mentres me bebín un coñac, estivo ben.

5 comentários:

llll disse...

non sei. creo que os homes sodes todos iguais no fondo. quero dicir, necesitádenos moito máis do que nós vos precisamos a vos. ou alomenos nós somos máis sinceras. quero dicir, desarrollades eses discursos teóricos sobre a falta de sentido das relacións de parella e demais, pero á mínima, encanto unha persoa especial aparece (chámese amor, ou como queira que se chame iso) sodes, alomenos, tan dependentes coma nós... ;)

Desorde disse...

Estimada Sara Jess: e cré Vd. que eu opino o contrario? escoitoume algunha vez pronunciarme nise senso? cré Vd. que eu son o home máis apropiado para deixarlle un post como o seu?
:) fíxate se estou dacordo co que dis que ata o poño publicamente no bló....

llll disse...

ijual son celos, porque hai moito que non falamos... tómate un café e dimo á cara, oh!!!

en serio. boto en falta a desorde.

pd: o do vídeo aquel, lembras? quería rematalo...

Anônimo disse...

quero saber quen es

Anônimo disse...

O exceso se cadra sexa simplemente equilibrio. A moda, é a miseria da novidade, A reunión parece moi interesante, pero os conceptos non son estáticos, necesitan da operacionalidade. En canto ao Cognac Chin chin.
Unha aperta