vou á unha das miñas livrarías favoritas a abastecerme (moito zweig que me falta e todo o hanif kureishi que atopo). no momento de pagar coincido un tipo ao que case case saudo. afortunadamente detéñome a tempo: o tipo é clavado a un compañeiro de carreira que morreu; é igual, incluso ten a pinta que tería este se ainda estivese vivo. inda por riba, as gafas que leva son parecidas. este compañeiro morreu porque non atopaba traballo do seu (do meu) e meteuse garda forestal: un cazador subnormal que non lle puxera o seguro ao rifle meteulle unha bala; palmáraa ao instante.
quédome un pouco descolocado. saio da livraría e sinto alivio por estar vivo e poderlle mirar o cú e as tetas ás mulleres que pasan, mentres lembro unha conversa con il sobre o tema. é unha homenaxe espontánea, sinceira e íntima.

3 comentários:
jo... como a gente que anda com armas pode ser tem irresponsável?
Vese que cando quere, sabe.
Estupendo post.
mirar o cú e as tetas das mulleres que pasan pola rúa, sen dúbida é un síntoma moi claro de sentirse vivo...
saúde
Postar um comentário