27.5.06

Versus

Actualizando
como un colega de hai mil anos venme visitar dende aquí paso a semán como se eu tamén estivera de vacacións. así que lle meto á furgo km e km ensinándolle cousiñas da natureza galega. pero as TN de traballo están ahí e a miña cabeciña ten ideas e ansia de plasmalas. ao final non sei se me sentaron ben estes días de extranas vacacións. o que sí me sentou mal foron as TN de churrasco e alcoholes varios (logo verei en qué punto do cinto me atopo). o que sí me sentou ben é retomar algunha actividade que hai tempo non facía.
nestes días xurden curiosos conflictos que eu pensaba que non se darían: nacionalismo galego vs. nacionalismo español. sei que vive moi lonxe, sei que vivimos moi lonxe pero todo é dunha gilipollez subida e odio ter que dar explicacións sobre obviedades a uns e outros. vaise e eu póñome a traballar.
rururbano
cando ando polo rural, a miña sofisticación urbana aflora. cando ando polo urbán o que aflora é o sarcasmo e o relativismo rural (as veces o cinismo). ao final penso que é bastante exacto.
Blogstars.
leo por ahí que en México proponse un día do boicot (un blogoicot) aos/ás Blogstars. sen pensalo nada sinto simpatía pola idea. pregúntome agora cáles serían os Blogstars galegos a blogcoitear. a min ocórrenseme varios pero vos podedes suxerir máis (ou non, vaia).

3 comentários:

Madeleine disse...

a min molábanme moito os "boikots" cando andaba polo instituto con camisetas de Insubmisión! Agora que me fixen maior dame preguiza. Como se estropean os corpiños...

oko disse...

coñezo blogostars que teñen certo respaldo de visitas, e despois coñezo xentiña que quere ir de blogostar: "y me voy a un congreso sobre blogs que ahora es lo que mola"
máis vale facerlles boicot pasando moito deles!!!

besbe disse...

Hahahahaha ai desorde que vas facer estoupar unha bomba e aí vai todo "el buen rollito" que impera no mundo. Na, pra gustos colores, e conste que era boa idea pero en plan facer homenaxe a eses blogueiros/as que atraen a nosa atención non se sabe como.
Eu fareiche o meu boicot particular e a ascárida tamén (a ver se nos imos achegando ao que é "lo puto peor", asca, ghuapa, un bicaso XD)
Saúdos varios.