festa na aldea/triatlón, 1ª proba: sesión vermut. quedo en primeira posición. 2ª proba: maratón de xantar. quedo nunha posición correcta. 3ª proba. postres, cafés e copas: posición destacada. pódese dicir que son moi competitivo neste eido, debería pedir unha beca deportiva ou algo así. a primavera é fanstástica, descálzome e as 10 da noite ainda é día.
logo traballo e + traballo, pero a perspectiva dun novo disco da miña banda favorita ponme moi ledo. x certo, no link podedes escoitar grabacións caseiras.
Um comentário:
a min tamén me gusta andar descalzo e que as horas de sol sexan máis. pero sen dúbida, o que máis me gusta son as noites de verán e o cheiro das lumieiras de sanxoán e a crema de orujo con xeo nas terrazas compostelás á noitiña e saír do mar nunha praia case baleira e
Postar um comentário