21.5.06

de charing cross road a m.m.

bonita rúa londinense ateigada de livrarías. película interesante, etc. onte, teatro: 84 charing cross road dirixida por isabel coixet. había moita xente, o auditorio, cheo. a obra é unha puta merda cunha actriz de obra de fin de curso. longa, aburrida, innecesaria. vamos, un tedio. remata e ise público insólito aplaude. non hai nada como ser famosillo para encher un teatro e, ademáis, que che aplaudan.
logo, noite.
e vexo que vai haber unha homenaxe nacional a manuel maría. un poeta mediocre, non só da nazón, senón tamén do planeta e de todos os tempos. pero é aplaudido por razóns alleas a súa obra poética. así nos vai.

2 comentários:

ascárida disse...

desorde, veño correndo comentarche. acabo de atopar, entre o merchandising dun congreso, esto que di na web:

"MANUEL MARÍA. A PALABRA ESTREMECIDA E ALERTADA. Audiovisual en formato SVCD de 10 minutos de duración. O prezo é de 5 euros, incluídos os gastos de envio".

Non volvo facer limpeza nunca máis.

Patrice disse...

Pois menos mal que esquecín que estaban no Pazo de Congresos de Pontevedra... quería ir a vela... enfin... que tal todo? fai moito que non coincido contigo... bicos