8.3.06

un ano de DESORDE

a teoría do caos.supoño que son dado aos cabodanos, aniversarios e cousas desas. hoxe fai un ano comezaba desorde: teño máis dunha ducia de razóns de para que serve un blog pero ainda busco máis, supoño, busco unha razón global. tamén hai quen lle busca xustificacións ás drogas, aos gustos culinarios, incluso hai (sobre todo había) xente que lle busca razón ao mero feito de vivir, así que no fondo é unha gilipollez. quén quere razóns? por outra banda foi un ano de variacións, cambios, reencontros e encontros. e si, tamén de moitas e fantásticas, xeralmente, desordes.

3 comentários:

ascárida disse...

agora que é maior de idade xa pode manifestar corporeidade, non?

Desorde disse...

teña por certo que constantemente a manifesto. incluso cando me aplico desodorante concienzudamente.
pola contra dubido da miña maioría de idade.

Anônimo disse...

Parece prudente dubidar da maioría de idade, é xusto o momento en que se comeza a envellecer.
Feliz aniversario
Apertas