parte do post anterior quedou incluso demasiado criptico para o meu gusto. que xa é dicir.
había un tipo que sempre lle estaba a buscar xustificacións á vida. podería pasar. o caso é que non desaproveitaba a máis mínima oportunidade de menospreciar aos que se limitaban, pois ben, a vivir simplemente, a deixar transcurrir o tempo do mellor xeito posible. el procuraba amosar claramente que miles de proxectos bulían na súa cabeza constantemente: todo era esencial, revolucionario, fantástico. unha arrogancia abrumadora que o barría todo como un tsunami. unha especie de competición contra todos e contra si mesmo. unha competición que ninguén podía gañar.
curiosamente e, aparetemente (claro), sen vir a conto suicidouse a tenra idade de 35 anos cun bebé dun ano por ahí. non me sorprendín o maís mínimo. outra xente ficou boquiaberta.
buscar xustificacións é o que ten, se cadra un día non atopas ningunha.
2 comentários:
Tes razón, o teu cripticismo ás veces fai que deixar un post no teu blog, obrigue a deixar de atender varios dos aspectos que propós ou a entrar nunha especie de foro sobre as diferentes lecturas que se reflicten no mesmo.
O cal ao meu entender, non é nin bo nin malo, senón todo o contrario.
Apertas
;)
:-) a min sóname moi ben sobre todo porque é o me me gusta, graciñas!
Postar um comentário