26.3.06

sinceridade

a sinceridade só é outra (sutil) pose máis, outro disfraz do catálogo.

8 comentários:

ascárida disse...

eu son unha mentireira compulsiva

Anônimo disse...

A sinceridade está subordinada á prudencia e limitada pola discreción. Baiche boa cando alguén di son sincer@
Un saúdo

Veloso disse...

É un concepto relativo do que se abusa a miúdo, dándolle categoría de absoluto. Por outra banda, ás veces utilízase "sinceridade" como mérito artístico, cousa que non me parece acertada. Por exemplo, por que a "poesía sincera" ten que ser superior á "falsa"?

Anônimo disse...

Eu pensei que no catálogo viña na sección de actitudes...

Unha aperta.
;)

Anônimo disse...

Pois eu voto pola sinceridade aínda que con límites e marxe de manobra para saír de apuros sen lle facer dano a ninguén.
E pode que sexa unha pose, pero como calquera outra do catálogo cotiá que utilizamos todos, a vida social éche o que ten!.

Desorde disse...

ascárida:a mentira conpulsiva, é outra pose?
sz: totalmente dacordo, por ahí ía.
veloso: si, a sinceridade é unha cousa sobrevalorada como mínimo....
pícara: é algo menos q unha actitude
anónimo usuario: en definitiva reservase vd. o uso discrecional...

Aultre Narai disse...

e a espontaneidade? tamén é outro disfrace?

ascárida disse...

pose?, creo que non, eu minto moito, a todas horas, coma todos vaia.