24.2.06

lista da compra

  • noraboa: Terrence Malick estrea unha nova peli, o novo mundo.
  • un catarro non é máis que un desorde. un desorde bacteriano/inmunolóxico. pero son os pequenos desordes os que condicionan os grandes. supoño, vamos.
  • algunha idea sobre desorde. oscilo entre o optimismo estructural e a indolencia acomodaticia: entre as variables posibles o fracaso nunca é contemplado. inda que cando ocorre tampouco sorprende.
  • o antroido sempre é algo redundante: poñemos unha careta sobre outra; así, o único antroido posible é o exceso.
  • algún día escribirei sobre a liberdade de expresión. hoxe non, que estou sensible ao cinismo.
  • algúns días gostaría de ser máis social. outros antisocial. indecisión.

2 comentários:

Anônimo disse...

Ás veces tamén me pregunto, cal é a distancia entre as crenzas e a indecisión, penso que hai unha certa simetría co tema da indecisión, seis post máis abaixo.
Unha Aperta
:)

Incitatus disse...

Acertado na delimitación do antroido. Nin nos excesos me atopo...