- noraboa: Terrence Malick estrea unha nova peli, o novo mundo.
- un catarro non é máis que un desorde. un desorde bacteriano/inmunolóxico. pero son os pequenos desordes os que condicionan os grandes. supoño, vamos.
- algunha idea sobre desorde. oscilo entre o optimismo estructural e a indolencia acomodaticia: entre as variables posibles o fracaso nunca é contemplado. inda que cando ocorre tampouco sorprende.
- o antroido sempre é algo redundante: poñemos unha careta sobre outra; así, o único antroido posible é o exceso.
- algún día escribirei sobre a liberdade de expresión. hoxe non, que estou sensible ao cinismo.
- algúns días gostaría de ser máis social. outros antisocial. indecisión.
24.2.06
lista da compra
Assinar:
Postar comentários (Atom)
2 comentários:
Ás veces tamén me pregunto, cal é a distancia entre as crenzas e a indecisión, penso que hai unha certa simetría co tema da indecisión, seis post máis abaixo.
Unha Aperta
:)
Acertado na delimitación do antroido. Nin nos excesos me atopo...
Postar um comentário