25.2.06

dias de cine, parecetamol, luna, neve e jane

o paracetamol é milagreiro e eu un insensato. pero a pesares de todo xa me sinto persoa de novo, a pesares das bacterias e/ou virus.
a peli de Terrence Malick non foi para tanto, máis que nada porque a historia de Pocahontas xa é coñecida, inda así está moi ben: a maravillosa forma coral de narrar, o ritmo... e a sempre interesante perspectiva que se repite nas suas pelis de persoas atrapadas. atrapadas en situacións sen saída.
das cousas que máis me aledan é deixar estupideces atrás. estase moi ben: as estupideces, mellor dende a barrreira. incluso chegan a ser divertidas senón foran patéticas.
logo, saio de aldeagrande a aldeapequena cun disco de Luna (penthouse) e todo está moi ben, hai algo de neve e repito cine en aldeamuralla: orgullo e prexuicio baseado na obra homónima dunha das miñas escritor@s favoritas: Jane Austen. a peli non está mal. só me irrita a lectura xeralmente miope que se fai de Austen. hai que dicir, ademáis, que a miopía soen aportala mulleres (os homes non a aportan porque non a len, eles a perden). Austen escribiu esta novela con 21 anos e iso sempre é algo que me da que pensar.

4 comentários:

Anônimo disse...

impresionante. o primeiro home do que teño noticia que admite en público ter lido a jane austen e ademáis dicir que lle gusta....

Patrice disse...

sweet jane?

bueno, e., de feito presume diso. e non digo que sexa pra menos.

oko disse...

lin a austen -precisamente a novela da que ti falas- aos trece anos. e sorprendeume, non o vou negar, por iso teño ganas de ver o filme. alédame saber que te enorgullezas de lela. é un síntoma de persoa desprexuizada -polo menos no senso máis literario, e referíndonos á autora e tipo de obra que nos referimos, máis aínda

Anônimo disse...

pois o certo é que é ben raro. como o blog.