había algúns días nos que non se lle ocurría nada. eran eses días nos que as preocupacións absolutamente domésticas non deixaban espacio a nada máis, vamos, tampouco é que o espacio cotidiá fora moi amplo. Ademáis ía bo tempo e iso invita ao relaxo e a preguiza: no seu maxín desexou estar paseando á beira do atlántico; era un día de inverno que auguraba a primavera e estaría ben sacar as botas e notar a area, ainda fría, entre os dedos dos pes, quizáis sacar o xersei. un ferreiriño, un dos paxaros máis optimistas, xa cantaba con forza: tiña un bo territorio e había que facelo saber.
En definitiva, concluiu, unha vez máis, que ter lugar para as ocurrencias e a evocación, as veces incluso para as ideas, é un luxo, accesible pero un luxo, o auténtico. Sí, ainda era marxista. Pensou en J.B.
3 comentários:
Precisamente estes días ando lendo, Páginas de la herida de J. B.
Co teu permiso deixoche unhos versos...
Tal vez en el principio
el tiempo y lo visible,
inseparables hacedores de la distancia
llegaron juntos
golpeando la puerta
justo antes de amanecer
....
O do lugar é rigoroso, pero creo que o verdadeiro luxo é o tempo.
espacio-tempo: einsten era moi sutil, sobre todo. :-)
Postar um comentário