8.2.06

astronautadas

  • as veces sinto envexa dos astronautas: alónxanse da terra e canto máis se alonxan máis pequenas parecen as estupideces terrestres.
  • F(o) chama dende M.: que non hai quen entenda as mulleres. se insiste, que é un pesado; se mantén distancia, que non loita o suficiente. digolle que soa a tópico pero que leva razón: non levan libro de instruccións nin prospecto, nin nada. por se lle serve de consuelo tamén lle digo que non se preocupe, que faga o que faga, equivocarase.
  • novo artigo: agardo (na dupla acepción da verba) algo de polémica.
  • roma pinta ben: dan sol e comida italiana. a ver.

3 comentários:

Anônimo disse...

Eu teño o mesmo problema q F(o) cos homes, e son unha muller... e si, case sempre me equivoco.

oko disse...

Concordo, Pat. Eu case sempre me equivoco. O bo é ter quen perdoe as equivocacións, que non é pouco pedir!!!

Anônimo disse...

Punto catro: Coincidencia ou coñecemento?