15.1.06

recoller as pitas


Non é bo traballar. Traballar é unha maldición bíblica (gañarás o pan co suor da túa frente). Se se fai en domingo, non é que sexa pecado, é que de de gilipollas, pero me temo que vivo nunha era de gilipollas: dentro de 100 anos non haberá homes nin mulleres... só gilipollas (Rent Boy en Trainspotting de I. Welsh: ).
Podería estar en moitos lugares e en todos eles botaría de menos estar nos demáis. No fondo non hai tanta diferencia. Ou si: no Dakar acaban de matar a dous nenos; é curioso, agoran dan conta das mortes nativas, antes non, pero non pasa nada. Antes que exportar vehículos e estradas exportamos as suas consecuencias, para que vaian aprendendo. Eu penso que, hai un rato, recolleron as pitas.

4 comentários:

llll disse...

non escribas estas cousas que me pos triste. os domingos son días de suicidios silenciados. hai tempo, preparando un documental cun fotógrafo da cruz vermella, faloume da irreverencia do Paris-Dakar cos africanos, ó longo da extensa ruta que percorren, do enorme despilfarro que supón e as súas consecuencias ecolóxicas para moitos dos que viven alí. como a historia aquela que me contou dun pozo contaminado de aceite dos coches que participaban no rally.

non quería falar destas cousas.

só quería dicirche que o ceo da túa ventá está fermosísimo así pintado de gris e azul, e que xa só por esa vista extraordinaria onde se reflexa a lámpada coma unha lúa chea enorme e gorentosa,

só por iso

deberías sorrir.

Desorde disse...

... non pretendía que fora triste. para min recoller as pitas é unha imaxe de calma e continuidade: un día máis recollo as pitas... todo está ben.

Anônimo disse...

Hora de recollelas pitas, apagalas luces e descansar...
Unha aperta despois de recollelas pitas.
;)

Patrice disse...

A min tamén me gusta o de "recoller as pitas", na miña casa dise moito... E iache dicir algo máis que se me esqueceu... O meu fin de semana contareicho algún día. Incluso o escribín.
bicos mil!