15.1.06

recoller as pitas


Non é bo traballar. Traballar é unha maldición bíblica (gañarás o pan co suor da túa frente). Se se fai en domingo, non é que sexa pecado, é que de de gilipollas, pero me temo que vivo nunha era de gilipollas: dentro de 100 anos non haberá homes nin mulleres... só gilipollas (Rent Boy en Trainspotting de I. Welsh: ).
Podería estar en moitos lugares e en todos eles botaría de menos estar nos demáis. No fondo non hai tanta diferencia. Ou si: no Dakar acaban de matar a dous nenos; é curioso, agoran dan conta das mortes nativas, antes non, pero non pasa nada. Antes que exportar vehículos e estradas exportamos as suas consecuencias, para que vaian aprendendo. Eu penso que, hai un rato, recolleron as pitas.

3 comentários:

Desorde disse...

... non pretendía que fora triste. para min recoller as pitas é unha imaxe de calma e continuidade: un día máis recollo as pitas... todo está ben.

Anônimo disse...

Hora de recollelas pitas, apagalas luces e descansar...
Unha aperta despois de recollelas pitas.
;)

Patrice disse...

A min tamén me gusta o de "recoller as pitas", na miña casa dise moito... E iache dicir algo máis que se me esqueceu... O meu fin de semana contareicho algún día. Incluso o escribín.
bicos mil!