- bufff, ben. windfarms day. Remato pasando a beira dun monte chamado Guriscado. A ninguén lle importa, ninguén o coñece (só os de alí e iso é 'ninguén'). É o penúltimo monte intocado deste lugar, estes días comezaron a facer outra windfarm... e eu comezo a sentirme máis de Borneo que de aquí. Maxino katanas de Hatori Henzo, bombas termonucleares, misiles estratéxicos, maldicións bíblicas...
- Logo leo na Voz de su Amo que a consellería de industria vai aprobar 2.500 megawatios (de windfarms) máis en 3 meses (o PP aprobou outro tanto en 10 anos...). 3 m?s?s 3 . V fala co conselleiro despois de que eu profira ameazas variadas que van en serio. V sábeo. Estou disposto a cumprilas. De momento parece que a cousa sae ben. Maxino katanas de Hatori Henzo, bombas termonucleares, misiles estratéxicos, maldicións bíblicas...
- Ceo con º e ª . Il é amigo dende neno. Ou eso creo. Sinto certa incomodidade e nunca sei qué pensar; outras veces non é así. Con ela, que as penas a coñezo, é cómodo. Mido as verbas, os temas, calculo... Supoño que il é absolutamente inseguro e eu demasiado (parezo); supoño que il é introvertido e eu demasiado extravertido (parezo). Devólveme unha imaxe de min irrecoñecible. Supoño que ao final o rollo da amistade consiste en recoñecerte.
- Irmá A di que eu nunca dou puntada sen fío, como irmá B, que neso parecémonos: se ela soubera a de paos de cego que dou. O peor é que funciona.
- Hoxe os xornais son sinistros: nomean xerente dun lugar no que traballei a un tipo, arrogante como se fora ministro, baleiro como un casco de botella, éticamente tibio, sectario tipo opus, políticamente correcto, seguidista.... bufff. Maxino katanas de Hatori Henzo, bombas termonucleares, misiles estratéxicos, maldicións bíblicas...
- Solicito varias toneladas cúbicas de intuición e candados para poñerlle á razón.
25.1.06
6 desordes
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário