Nas cidades pequenas, ninguén se coñece entre sí: todos se controlan mutuamente, como os depredadores na sabana.
Nos países pequechos a cultura nacional deriva en testemuña folclórica: o tamaño importa.
Nos grupos pequenos só hai lugar para dúas ou tres vanidades.
Nas cabeciñas pequenas só hai espacio para o líquido intersticial (aburrimento).
Nas violencias pequenas o mal é tan monstruoso como nas grandes: o número non importa.
Soan my bloody valentine, spacemen3, saint etienne... e mañá retorno á meseta onde me esperan abrazos, sorrisos, bicos e conversas eléctricas, pero antes pasarei pola Aldeamuralla para un paripé...
2 comentários:
Onde se coñece ben a xente?? dígame...
Unha aperta.
:)
quizáis en ningures, quizáis non é posible coñecer plenamente.
Postar um comentário