A pesares da espiral atópome poderoso e por iso collo a bici e, sen máis, subo ao Pedroso. Vou controlando os latexos do corazón e en plena subida, pero sen esforzo máximo chego a 160... (está claro que perdín moito....), descendo a bastante velocidade non sen certo medo (está claro que perdín moito... bis) pero segue sendo moi pracenteiro porque a cabeza só da para estar concentrado en non darte unha boa hostia. Xusto cando enfilo a casa, ponse a chover, acorto pola zona vella; chove moito e todo está mollado, a xente refuxiase nos cafés e eu sinto un certo pracer en atravesar Calderería a toda hostia ata que unha rapaza se cruza, freno a tope e consego esquivala, pero caio, xa a pouca velocidade... disculpas... (a xente, refuxiada nas tendas mira eu penso que están pensando que por fin pasou algo diferente este domingo, por fin hai algo que contar), sego a toda hostia pero xa estou mollado e vai un frío do carallo
Segue a medio chover e collín un catarro da hostia, así que o outono por fín chegou.
Póñome a traballar, vou con retraso e agobiado (unha vez máis), así que o outono por fin chegou.
Nenhum comentário:
Postar um comentário