30.10.05

Extrana sensación ornitolóxica.

Extrana sensación. Esta fin de semán celebrábase o VI congreso galego de ornitoloxía; é o primeiro na miña vida ao que non vou e fágoo en parte por decisión propia en parte por falla de tempo. O caso é que teño unha sensación extrana pero pracenteira, creo que me liberei (ceibei?) de algo, pouco se aprende nestes rollos e o ambiente leva anos enrarecido. Coméntanme que foi moi pouca xente, quizáis todos temos a mesma sensación.
A ornitoloxía ou a simple observación de aves pasou de estar na vangarda do disfrute da natureza e a fronte da sua defensa á ser unha especie de club de antisociais, estreitos de miras, sen compromiso e bastante egoístas; unha forma máis de onanismo moderno disfrazado de rollo serio, puro coleccionismo de especies, puro fetichismo pola rareza, pura exhibición de vanidades microscópicas. A nivel profesional, o marco é tan estreito que máis que competir, golpéase ao 'outro'. Falando de esto con outra xente doutros lugares, por ex. J(o) en Doñana, ten a mesma sensación. Así que, estou xenial descansando este domingo chuvioso no que unha garza real pasou diante da ventana.

6 comentários:

Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Anônimo disse...

e agora que lle lin o diario "enteiro"... sego pensando o mesmo.

muaks

Desorde disse...

Nótase tanto?!

Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Desorde disse...

Eu coido que sí a adiviño. pero obviamente non vou dar nomes en público. Agardo que lle vaia ben en P.