Vacacións é Vacaciones que é unha banda de música. Da igual, dentro dunhas horas marcharei e non poñerei nada aquí en 7 días. Así que os/as millóns de fans de todo o planeta e parte da galaxia que ten Desorde quedarán orfos e sen camiño espiritual nin carnal por unha semaniña que din que xa é muiñada. Non sexades moi malos.
27.9.05
26.9.05
Fuchicar no Google...
As veces, fuchicando co Google atópanse cousas asombrosas. A coña é que non deixan de ter bastante razón, ben, moita. Velaquí unha mostra:
"A sua adulteraçom ideológica já nom tem volta de folha. Mas o realmente preocupante é que para lograr estes objectivos necessita modificar o modelo organizativo do conjunto do nacionalismo. Para o seu êxito necessita, entre vários factores, um grau de acordo o mais amplo possível dentro das cúpulas do movimento. Isto significa que tem que esmagar a dissidência e o pluralismo do conjunto dos organismos do Movimento Nacionalista, para criar um cenário em que o BNG, em coaligaçom co PSOE, governe a Junta sem nengum foco -com entidade suficiente- de oposiçom nacionalista, que questione o seu papel de mero gestor da autonomia delegada polo colonialismo. Os problemas co Sindicato Labrego Galego, com ADEGA, coa ANÁ-ANOC, no movimento estudantil, a cissom na CIG, etc, estám relacionados co projecto em marcha, som os primeiros sintomas desta estratégia. Para alcançar o seu êxito nom se repara nos métodos a utilizar, -desde a expulsom e afogamento das vozes críticas, passando por práticas clientelares ou mafiosas-, nem nos gravíssimos danos que podam sofrer os diferentes organismos do movimento patriótico."
25.9.05
Desorde empresarial
Esta semana reconfirmei que o dos negocios, a incertidume económica e o todo esa montaña rusa non vai moito conmigo, toda esa anguria..... buff quéhorror. Ter que competir, ter que calcular e inda por riba quedar ben ou non quedar mal. Realmente esto gústalle a alguén?
Menos mal que hoxe parece que todo se reconduciu, ou non, pero vai un bo día e púxenme a escoitar a Sigur Ros.
Xa sei que non está ben. 3.0
Vale, xa sei que non está ben, facer leña da árbore caída. Seino. Pero a tentación é irresistible. Katrina e Rita ao mellor son unha bendición. Atacan no país que máis merda emite á atmósfera e que se nega a asinar o protocolo de Kioto. Dito sexa de paso, unha tibia carta de intencións, pero menos é nada. Ao mellor se Katrina e Rita se repiten moito, e causan moitos danos, se cadra alguén se replantexa algo. Dubídoo, pero esto é unha carta de desexos.
P.J.L.
Venres noite, unha rapaza dille ao mozo 'qué chula esa camisesta' (a miña). Pepe Jeans London. Eu: 'eeeeh, si, esto, bueno, si...'. Eu creo que é como o resto, pero a razapa sabía ler.
23.9.05
Flúe
Ben, as liñas de forza do meu planeta parece que xa retomaron algo de orde. Non moita, quizáis, pero sí algo _tendencia positiva_ disminúe a desorde_
Todo elo está relacionado, penso eu con setembro. Sempre é un mes convulso e iste non ía ser menos; o cambio de tendencia obedece, quero supoñer a entrada no outono que, como todos sabedes, é un bo mes para coller cogumelos, alucinóxenos e/ou comestibeis e aínda qudan moitos días de setembro.
22.9.05
Fluir
Todo flue. É un feito.
Pero non sempre flue todo ao dereito, as veces as cousas tamén fluen ao revés. Agardo a que o cosmos poña orde nas liñas de forza do planeta. Ou que lle dean ao planeta, mellor falo do meu planeta.
Pero non sempre flue todo ao dereito, as veces as cousas tamén fluen ao revés. Agardo a que o cosmos poña orde nas liñas de forza do planeta. Ou que lle dean ao planeta, mellor falo do meu planeta.
20.9.05
Non-estar
18.9.05
17.9.05
As veces, ocorre.
As veces, ocorre. Non sei porque esta pasada noite tiven a frase na cabeza. Supoño que é frase coa que podería iniciar a novela-cumio da literatura burundesa, pero quizáis outro día que hoxe teño resaca.
O experimento de mexturar diferentes forzas telúricas de diferentes étnias, que non sistemas éticos, foi moi divertido. Tanto que as neuronas aínda mo recriminan.
Curiosidade para pensar máis tarde: poño 'etnia' en google e saen negros, algún indio sudamericano en contextos de pobreza. Non o teño moi claro pero creo que non me gusta.
16.9.05
Tales from turnpike house
JM sempre di que son unha mariconada, e inda que o seu último disco non parece o mellor, a mín encántanme, simplemente son Saint Etienne. Supoño que no fondo é pop para sentirse ben ou moi ben. Non perderse you can count on me! que ven escondida no EP Up The Wooden Hills, claro, na edición limitada, que ao parecer é para nenos!
Frases gloriosas
Onte estaba de cea e ocúrreseme pronunciar unha frase gloriosa: '....... éstes sácaos do Sempre en Galiza e acabouse'. Así que unha galiña do galiñeiro alporizouse un pouco e vai e sácame un exemplo de Cadro Formado (CF) que non vou nomear aquí. Vale, un tipo co que tiven a desgraza de traballar nun proxecto, extraordinariamente ineficaz e exasperantemente convencional e iso non foi o peor: logo estafoume e pasou de pagarme a metade dos cartos.... e niso foi eficacísimo e creativo.
Ainda poderíase afondar máis: ponse a falar mal dos outros. Supoño que é unha reacción tipo: ' se atacas a uns é que tes que estar cos outros'. Vale.
Polo medio vai o Rizoso e di que son igual que o pai da sua moza, home do rural, que di 'estes nada' e a verdade é que me fixo moita ilusión. Para rematar a noite Armand dime que son un inxénuo ou algo así logo dunha conversa sobre o discurso performativo, e isto fíxome aínda máis ilu. Se é que un confórmase con calquera cousa.
Fora chove e na radio poñen a Marlango, que é a última prefabricación musical da modernidade de metacrilato para alternativosguays (cada estrato cultural merécese a súa Operación Triunfo!). Gosto das frases gloriosas.
15.9.05
050915 chismes
- Hoxe por fin teño cable e todo vai máis rápido menos o que segue indo á sua velocidade paleolítica, é dicir, eu e todo o demáis. Qué ben me exprico.
- M_arroás dime dende Berlín que o artigo pareceulle intelixente e demoledor inda que non está dacordo con todo, pero a mín chégame, por suposto.
- Fun o cumpreanos de P(op), estabámos casi todos. Foi moi curioso ver que non era un cumpreanos de rapaces senón case de señores.
- O traballo acosa, manda carallo.
- Soa Nadadora, unha vez máis.
- En Donostia comeza o glamour e aquí finaliza o verán.
- Reflexión: creo que hai moita peña que se fai todo a última hora, apurado e mal, consecuencia da organización nefasta ou simplemente inexistente, séntese mellor, xustificado e útil, como se tivera a sensación de ser realmente útil, de facer algo importante, a sensación de ter moito traballo. Todos sabemos que é mentira pero bueno, se lles serve para sentirse vivos....
- Teño que lembrar redactar ou coredactar o 'Manifesto contra o traballo'.
12.9.05
9.9.05
Personalidade 2
En calquera caso, coido que non hai que preocuparse pola personalidade. Explícome. Creo que é como o Tunning, o rollo ese de 'preparar' coches: ti pillas un coche de serie, standard, logo vas e cambiaslle cousas e caralladas e mételles cousas novas como un alerónquetecagas e xa está. Personalizado. Qué non te mola? pois vas e cámbiaslle máis cousas, quitas e pos. Listo.
8.9.05
Beijos e queijos
Beijos e queijos. Así de deliciosamente se despide en moitas ocasións Martha, a vampira paulista, de viaxe por Canadá. Aún diría máis: beijos, queijos e pasarinhos!
Personalidade
Se a personalidade é un simulacro, atoparíamonos coa paradoxa de que a arbitrariedade no comportamento é a única forma posible de personalidade real; isto, claro, supoñendo que existe o livre albedrío.
En calquera caso, gracias á ficticia personalidade de M.A., chupeime en solitario como unha hora, ou máis, de teorías egogalaicocéntricas, a pesar da presión desenvolvida en contra.
Ter personalidade (simulada) é sinxelo mentres se xogue co sono dos demáis.
Grazas, M.A.!!
7.9.05
Un bo día
Un buen día (Los Planetas. Unidad de desplazamiento). Si, chovía a mares e pasei por Compostela, as rúas molladas e todos os tópicos do mundo deses que lles molan tanto aos escritores/as galegos/as que escriben sobre compostela, músicos/as que cabalgan sobre o lugar común, etc. Fun a un par de librerías, tomei un cafesiño. Psichopoet e Aristogátoff encerrados nas casas por diferentes motivos e decátome de que o outono xa está aquí. Qué fácil!
Xa sei que está mal 2.0
España manda un montón de TN de axuda humanitaria: xeradores de luz, racións de comida, botiquíns, etc./ 10.000 mortos. / Primeiros mortos por cólera. / Caos, tiros polas rúas. / O 30% da poboación na zona é pobre, o 67,3% é negra (a cara B do capitalismo).
Esto é os USA, a nación máis poderosa do planeta logo do Katrina. Non se debe cuspir para arriba.
Pero aínda hai máis perlas en este caso por cortesía da ultradereitista libertaddigital: ao parecer a prosperidade salva vidas porque a xente pode fuxir antes nos seus potentes automóbiles (claro que eso o escribiron o 30.08.05). Sen comentarios.
6.9.05
A Desorde do fin do mundo (e non é coña).
Ben, nestes meses de Desorde prácticamente non puxen novas nin comentarios de outra peña senón Desordes personais/públicos. Hoxe compre poñer algo que vin por ahí, concretamente no blog Escolar.net.
Trátase das opinións du tipo, George Reisman, que escribe en un tal liberalismo.org (o nome xa o di todo). Podedes ver aquí o artigo completo que é longo pero non ten desperdicio. Non acabo de comprender cómo se pode ser tan increíblmente imbécil e mala persoa e que ademáis exista peña que faga caso. O mundo está moi mal. A continuación algunas perlas:
"Si fuera realidad el hecho de que la temperatura media del mundo subiera unos pocos grados en el próximo siglo como consecuencia del consumo de combustibles fósiles y otros procesos industriales modernos, la única respuesta apropiada estaría en la forma de asegurarse de que hay disponibles más y mejores métodos de aire acondicionado. (De forma similar, si hubiera de hecho alguna reducción en la capa de ozono, la respuesta apropiada para evitar los casos adicionales de cáncer de piel que pudieran supuestamente ocurrir por exposición a una luz solar más intensa, sería asegurarse de que haya más gafas de sol, sombreros y lociones solares disponibles)."
"Lo que significa esta bobada es que la civilización industrial va a destruirse porque debe hacerse para evitar que haga mal tiempo. De acuerdo, muy mal tiempo."
"Más aún, cualquier pérdida de terreno agrícola, como aquélla que se supone ocurriría en áreas bajas como consecuencia de la subida de nivel de los mares, se vería más que compensada por enromes cantidades de terreno nuevo utilizable en el Canadá Central y Rusia. Además, estaría la importante contribución hecha por la roturación del Amazonas y otras junglas. (La roturación de estas junglas?no ?bosques pluviales tropicales? como se les llama hoy día eufemísticamente?y la consiguiente eliminación de sus serpientes venenosas otras bestias hostiles y su sustitución por granjas y ranchos, es de un enorme provecho desde el punto de vista de la vida y el bienestar humanos)"
Ben, etc etc etc. Como chiste mola, pero creo que o tipo ese non bromea.
4.9.05
Pasa
Mentres escoito I thought I was over that, o cd de rarezas, remixturas e caras B de Lali Puna, penso, en varias cousas.
1. Nas cicatrices deixadas, nas boas e nas malas.
2. Nos espellos deformantes. Xogar con eles é un exercicio de risco innecesario que non sempre podemos evitar.
3. O pasado pode pasar.
Xa sei que está mal.
Xa sei que non está ben, seino. Pero non podo de deixar de sentir como xusto o de Katrina nos USA.
- Vos, tamén sodes vulnerables.
- Vos, que tedes un país privado, privatizado e privatizador, de persoas, animais, cousas e dereitos, ao mellor deberades pensar na república (res-publica).
- As veces, vos, tamén podedes chegar a necesitar axuda.
- Antes de loitar cotra O Mal, ao mellor deberades loitar contra o mal do racismo.
- ...
Da gusto ter razón.
- Vos, tamén sodes vulnerables.
- Vos, que tedes un país privado, privatizado e privatizador, de persoas, animais, cousas e dereitos, ao mellor deberades pensar na república (res-publica).
- As veces, vos, tamén podedes chegar a necesitar axuda.
- Antes de loitar cotra O Mal, ao mellor deberades loitar contra o mal do racismo.
- ...
Da gusto ter razón.
Xa sei para qué serve un Blog 6.0
Un Blog é o lugar a onde van a parar os residuos cerebrais.
2.9.05
1.9.05
Setembro
Hoxe comeza Setembro e a verdade é que é un mes que me gusta. Quizáis por esa luz que presaxiaba o fin dos rollis de verán... quizáis porque sempre me acordo de Septiembre de Los Enemigos, a vendimia, quizáis porque morreu Janis Joplin neste mes... pero non é por Janis.
Collo o coche e poño La Increíble Aventura de Migala que facía tempo que non escoitaba e Setembro é ainda mellor, o espíritu vólveseme un pouco tigre e ata a espantosa paisaxe do interior de Coruña ten un aire un pouco épico. Si, esa paisaxe composta por eucaliptus casas, coches, estradas, campos de millo tranxénico e fincas pechadas con tujas, esas plantas de Arizona.
Chego a un tanatorio: son todos iguais, cutrerío correcto, lixeiro aire industrial... é todo moi tranquilizador.
Setembro é fantástico.
Assinar:
Postagens (Atom)