Onte estaba de cea e ocúrreseme pronunciar unha frase gloriosa: '....... éstes sácaos do Sempre en Galiza e acabouse'. Así que unha galiña do galiñeiro alporizouse un pouco e vai e sácame un exemplo de Cadro Formado (CF) que non vou nomear aquí. Vale, un tipo co que tiven a desgraza de traballar nun proxecto, extraordinariamente ineficaz e exasperantemente convencional e iso non foi o peor: logo estafoume e pasou de pagarme a metade dos cartos.... e niso foi eficacísimo e creativo.
Ainda poderíase afondar máis: ponse a falar mal dos outros. Supoño que é unha reacción tipo: ' se atacas a uns é que tes que estar cos outros'. Vale.
Polo medio vai o Rizoso e di que son igual que o pai da sua moza, home do rural, que di 'estes nada' e a verdade é que me fixo moita ilusión. Para rematar a noite Armand dime que son un inxénuo ou algo así logo dunha conversa sobre o discurso performativo, e isto fíxome aínda máis ilu. Se é que un confórmase con calquera cousa.
Fora chove e na radio poñen a Marlango, que é a última prefabricación musical da modernidade de metacrilato para alternativosguays (cada estrato cultural merécese a súa Operación Triunfo!). Gosto das frases gloriosas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário