18.8.05

20050817_xa moi de noite

  1. Non estou no concerto dos Pixies en Paredes de Coura.
  2. Non sei se irei mañá ao concerto de Nick Cave (& the bad seeds).
  3. Vin lagarteiros, miñatos, un falcón, unha gatafornela e varias tartarañas, unha delas pasou entre as aspas dun aeroxerador: eso é moi moi moi extremo.
  4. E(a) preguntoume en León de qué ía o meu blog. Disimulei un pouco pero non souben respostar. Ou si, dixen que era algo persoal que poñía o que me parecía. Soa certo pero non estou seguro de que o sexa. Ou viceversa.
  5. A nena de E(a) é preciosa porque lle falas e ri feliz. O neno de B se lle fas o mesmo límitase a observarte.
  6. Chevi é un deserto de montaña de Túnez e a nova cadela de MeV. Tamén parece feliz e boa persoa.
  7. Mañá mercarei un libro e un cd.
  8. P. di que Mr Vértigo é impresionante. Certo.

Nenhum comentário: