O que está a facer Fraga, neste intre, é tender sombras por riba do proceso electoral dos emigrantes... quén o diría, pódese ser máis cínico? ben, así o futuro goberno de coalición terá riba a lousa da deslixitimidade. Fantástico!.
O outro día non comentei algo de interese planetario: Ultranoite na NASA contra a tortura. Creo que cheguei a esbozar tres ou catro sorrisos e rin un par de veces. O mellor foi que non se espiu ninguén tipo strip tease, algo é algo. Apunto en cousas para non facer nunca xamais: 'non ir a unha ultranoite', ' non sucumbir á tentación'.
Hoxe pola mañá cedo, camiño do monte, había unha lúa fermosísima, grande, redonda, laranxa, con cráteres a simple vista... Logo desapareceu. Vin: varias tartarañas, unha águia cobreira, un águia caudal, etc hai días agradables.
E hai noites agradables como a de hoxe, San Xoán.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário