22.6.05

Gañamos 3.0

Que sí.
A non ser.
1. Que o PP faga trampas. Ben, esto é unha tontería, a dereita sempre fai trampas. Ben, esto tamén é un pouco tonto porque a esquerda tamén as fai, ao fin e o cabo buscan o poder e o poder é unha trampa en si.
2. Que pase algo raro.
3. Que se produza posteriormente un efecto Tamayo.
Entro no foro de Vieiros e flipo en colores. A U (Unión de Puros Galegos) xa está a atacar a Beiras e claro a la Coz de Galizia. Si, si. Lembremos que a culpa sempre é dos demais. Nunca dun mesmo. Noutros partidos nunha situación así, terían dimitido, pero ao igual que no PP, aquí nunca dimite nin Deus.
Creo que hai uns cantos que non terían ningún inconveniente en quedar con Fraga de Presidente con tal de que a U non quedara tan descalabrada. Inconveniente? qué digo? Estarían encantados porque agora van ter que gobernar e xa se sabe: é máis doado beber viño que facelo. Qué ben se vive na oposición.....! E unha vez gobernando, resulta que ata tes que mudar algo, e mudar algo significa que tes que mudar tamén o teu análise da realidade.....
- En qué lío nos metimos!!
- Si, ho!
Eu sei que estea onde estea o luns, vouno celebrar por segunda vez. Non se cambia de era todos os días.

Nenhum comentário: