Baralla, concello do interior de Lugo, limítrofe coa miña aldea acaba de ser o escenerio dunha metáfora que por sí mesma explica o (des)goberno Fraga, o clientelismo e a dependencia.
Todo comezou cando R. envioume unhas fotos que el tomou alí. Nelas pódese ver como un camión antiincendios da Xunta de Galicia coloca propaganda do PP. Está claro, o medio rural galego apoia ao PP porque depende del para traballar na loita contra esa lacra que son os incendios e que en realidade encubren todo un programa de emprego rural onde non hai transparencia pública, por suposto.
Como non sei colgar fotos de aquí, podélas ver en Vieiros e máis en Arredemo.
Ben, estamos todos moi ledos de que as metáforas saian a luz, R. o fotógrafo por suposto, eu, B., M., etc estámnos a V/Botar unhas boas risas.