28.12.12

Inocentes

Cada vez que teña ocasión de estafar, estafarei,
facturarei en negro todo canto poida,
evitarei por todos os medios pagar impostos, directos ou indirectos
pensarei só en min mesmo e nada no ben colectivo,
seguirei o impulso do goberno: mellorarei a economía sumerxida
tratarei de estafar á seguridade social, ao inem e a todo dios
escaquereime das miñas obrigas como sexa
defraudarei a facenda
aprenderei trucos, malabarismos e artimañas que me permitan saírme coa miña

Por qué?
porque xa me fartei de ser honrado e de que o Estado, ao que coidei cos meus impostos, traballo e bo facer me dea polo cú, inda por riba, no día dos santos inocentes.

2 comentários:

L. Masús disse...

Olá, gostei de ler o teu blogue, aínda que só foi um pouquinho. Eu remataría este último poste teu como diria um velho que conheço eu: " Cada cam que lamba o seu caralho".
Um saúdo.

mailconraul disse...

Un político nunca amosa as súas cartas, así que ti es "politicamente incorrecto".

Aínda que a política teña gustos sodomitas, hai que pensar que ao pobo, moitas veces, agrada-lle poñer o cu a xeito de urna plebiscitaria.