7.10.11

Marketing

SJ espertou co seu aparatiño cheo de iconos, púxoo nun soporte especial e escoitou a radio. Foi ao seu traballo con outro aparatiño especial máis, unha pantalla plana tamén chea de iconos.
No traballo agardaba por el outro apartiño especial cun so cable que non podía conectar porque lle faltaba un thunderbolt ou algo así que tivo que encargar.
No seu caixón tiña dous apartiños especiais máis para escoitar música, un quedara sen pila e non sabía qué facer con el, outro xa non o empregaba porque tiña o apartiño especial dos iconos. Obsoletos.
Os aparatiños especiais proporcionábanlle a SJ unha seguridade que nunca tivera: con eles podía enfrentarse a calquera reto diario inda que a compañía de marketing na que traballaba non estaba a ter un momento particularmente brillante.
Pola noito, preguntouse qué faiaba mentres vía por última vez un discurso seu na Universidade de Stanford. Logo pensou a quén podía copiar.




Nenhum comentário: