3.7.11

Estómago revolto

Esta mañán camiñando por unha rúa céntrica inundada de sol, coches e buscadores de rebaixas topeime de frente cun grupo
Feijoo,
Rueda,
Louzán
e 4 ou 5 xerifaltes máis.

A prácida mañán do sábado viuse desfeita pola súa (simple) presenza.
O problema é que non enganan a ninguén, postos en calquera película, todos os espectadores saberíamos no primeiro fotograma tres cousas básicas que nos permitirían continuar no cine:
1. son mala xente
2. non son moi listos
3. non disimulan

A realidade (galega) é dun cutre desolador, incluso no primeiro sábado de xullo, inundado de sol.




Nenhum comentário: