12.4.11

Vipera machine

Teño que rematar un traballo para levalo á máquina das víboras. Collerei a miña ración de alimentos para víboras e con ela baixo o brazo camiñarei moi lentamente ata a entrada do edificio industrial, alí identificaránme sen mirarme aos ollos. Logo pasarei ata atoparme coa primeira víbora, tímida e lenta, a cara amable da máquina. E a única arma que terei para defenderme será sorrir, pero sen pasarme. Voltarei, moi lentamente, fará sol, tomarei un café, tranquilamente.

Vipera machine

Nenhum comentário: