17.1.11

ACDC

Tras dar un paseo pola Cidade da Cultura ordenei un montón de sensacións, impresións e ideas E algunhas prediccións.
Unha delas é que no monte Gaiás a finais do S. XX había toxos. E hoxe non os hai.
Outra é que é unha metáfora de un montón de millóns de euros. Unha metáfora xigantesca. Calquera poeta extremadamente mediocre podería ter feito unha metáfora similar polo prezo dun café ou dun viño.
Feo monumento á nada.
O Peter Eisenman debería ser declarado persoa non grata.
O sono húmido de calquera paleto ignorante vido a máis.
Homenaxe magnífico ao desprecio da cultura (popular) e polo tanto desprezo ao pobo (non do pobo galego nin nada similar, do pobo en termos xerais).
Dentro doutros 10 anos todavía andaremos falando que todavía se lle pode dar unha volta e todavía estamos a tempo de. Os debates e os países e os iogures teñen data de caducidade.

Nenhum comentário: