25.12.10

Decadencia

Moitos anos despois, fronte ao pelotón de fusilamento, Desorde preguntábase cómo chegaramos a esta situación.
As sinais en 2010 xa non foran moi boas. Quizáis cada una delas, tomada de xeito individual, non tería un significado particularmente negativo pero collidas en conxunto asustaban. Cabe agora preguntarse cómo a sociedade non reaccionou, inda que, máis ben, foi esta a responsable por acción ou omisión de que a situación chegara logo a onde chegou.
Xusto a final de ano pechou unha emisora de televisión chamada CNN+ na que o sosiego, a obxectividade e a elegancia conducían a información e o debate. Fora sustituída por un programa estúpido na que uns estúpidos observan durante 24 horas o hacinamento voluntario de outros estúpidos exhibicionistas.
2010 foi o ano no que con luz e taquígrafos os políticos nos dixeron que non gobernaban eles senón unha cousa chamada "mercados". A esquerda, lonxe de indignarse, decidiu obedecer. A dereita frotaba as maos, non só non ían ocupar o poder político senón que non ían ter nada que rascar. Os sindicatos, ancorados no XIX, apelaban a solidaridade dos que traballaban sen atender a ningún outro matiz.
O tráfico, todos os días, a todas as horas, delataba a conductores-cidadáns ventaxistas que o único que pretendían era pasar primeiro e non saber nada dos demáis.

Um comentário:

Anônimo disse...

todo estaba claro ;)