20.11.10

Camiño de Santiago

Qué podería motivar a moita xente a facelo? obviamente as campañas de publicidade con estratexias variadas e nalgunhas ocasións incluso contradictorias. Unha desas estratexias sería a relixiosidade/espiritualidad, unha máis. Outra sería porque o fai moita xente e é unha moda que se renova cada ano.
Agora ben, un dos praceres máis grandes que coñezo é o de viaxar a pe. Desprazarse camiñando. Algo que na historia da humanidade foi norma durante milleiros de anos, de feito se para algo estamos preparados é para iso. Facelo con dificultades: dificultades inmediatas, concretas e abordables, e superalas. Estamos preparados para eso, algo completamente alonxado do stress que provocan os contratempos intanxibles.
Como se esquecen as cousas máis básicas penso que o Camiño de Santiago dalle a oportunidade a moita xente de descubrir que lle gusta camiñar. Tan só habería que pensalo uns segundos.
Pero como non o imos pensar continuaremos degradando en peregrino a un simple humano.

Nenhum comentário: