A normalidade é tomar 4 cafés pola mañán, aguatar os fumes dos bares.
É coller un autobús sen falar.
A normalidade é consumir internet en horas de traballo, consumir televisión en horas de ocio.
A normalidade é prometernos baixar 10 kilos e cear pizza.
A normalidade é ler todos esos libros interesantes dos que nos falaron e non pasar da 3º folla.
Estar pendente do reló do pulso, do móbil, do ordendor, do coche, das sinais horarias na radio.
A normalidade é chegar ao fin de semana para aburrirte normalmente.
Durmir sen dar as boas noites. Espertar sen dar os bos días.
Propoñerse dicir algo pero calar, unha vez máis.
A normalidade é pensar máis e máis no inmediato e menos no mundo.
Falar alto e calar polo baixo. Odiar lentamente, sorrir moi rápido.
É querer adicarlle máis tempo aos amigos e saber cada día menos deles.
Sentir como medra o egoísmo e sentirte ben.
A normalidade é escoitar a un idiota tatexo con barba dicir que el é normal.
A normalidade é o normal.
Así que se cres que volviches á normalidade, ándate con ollo compañeiro.
Nenhum comentário:
Postar um comentário