29.7.10

Touros

Sen dúbida ningunha, estabamos ao borde do abismo e demos un gran paso diante. A prohibición das corridas de touros en Cataluña é un indicio do lamentable e patético que é o home moderno. Unha nova realmente chunga.
Por outra banda é incríble o doado que se suman as esquerdas e os progres as causas guays. Non se debería confundir o guay co bo do mesmo xeito que non se debería sumar un a causas que molen senón a causas intelixentes e éticas.
Savater, con quen discrepo xeralmente, expresa algúns puntos bastante ben.

4 comentários:

Carlos de Galiza disse...

Com permiso meu! non entendo nada.. noticia chunga por? e logo seguimos como na idade Media maltratando ou matando animais para o noso desfrute? manda carallo se foses touro non opinabas iso meu...

Desorde disse...

idade media
maltrato
matar animais

é unha moi mala nova na miña opinión por moitas razóns, longas de explicar, pero sobre todo é inútil extenderse se consideras que as corridas de touros son maltrato (sen outro matiz)e consisten en matar animais (sen outro matiz) e que é algo propio da idade media. e por suposto eu non son un touro e ti tampouco.

Desorde disse...

autocitándome:
http://desorde.blogspot.com/2010/03/de-corridas-e-touros.html#links

Mararía disse...

Tampouco me gusta Savater, pero neste caso concordo, paréceme que se están adicando a coartar as liberdades. Choraremos cando un día despertemos e tódolos dereitos estén realmente intervenidos.

Un saúdo.