25.3.10

Yuri. Pati

Yuri e Pati eran unha parella de amigos bolivianos aos que lles tiña, lles teño, un tremendo cariño. Sen dúbida as mellores persoas que coñecín en Bolivia ademáis de cariñosos, divertidos e enérxicos. Non sabía deles hai un ano, mandeilles un montón de correos electrónicos e onte a súa filla maior, contoume o que pasou: morreron en accidente de tráfico na estrada Oruro-La Paz o 24 de decembro de 2008. É moi triste. Yuri abrira conta recentemente no Facebook e eu agregárao e non me respostou. Pensei que era debido a súa desidia cos trebellos tecnolóxicos, pero non. O seu perfil en Facebook segue colgado e coa distancia e todo, tardei máis dun ano en enterarme de todo.
Quedan tres fillas, unha delas moi pequena, as maiores son intelixentes, despertas e alegres.
Non voltarei a ir al Ojo de Agua e outros garitos de La Paz, non discutirei de música nin falaremos do Evo ou de touros ou dos golfiños amazónicos do Beni...

Non sei porque tiña a estúpida crenza de que as persoas boas e alegres o son sempre e para sempre. Xa vexo que non

Nenhum comentário: