8.2.10

Un tipo xenial 2

O peor das declaracións de Adolf Domínguez, ao meu modo de ver, non é que estea a favor do despido libre senón os motivos que para elo da. A saber: se unha persoa ten o contrato fixo/indefinido, etc pois non ten motivación para traballar e mellorar.
Sei que hai xente que é así, que efectivamente procura xogar ao escaqueo (particularmente unha boa chea de funcionarios empeñados en destruír o sistema que lles da de comer). Agora ben, a maior parte da xente non se conduce deste xeito: procuramos facer ben o noso traballo e mellorar cada día por gusto, polo pracer de facelo, por responsabilidade, por compromiso, como desafío persoal. Por múltiples razóns.
En definitiva A.D. emprega o terror, o pánico, o medo extremo á pobreza (paro, marxinalidade... como lle queirades chamar) para incentivar aos traballadores. Eso supón pensar que a especie humana é unha merda, un rebaño de 7000 millóns de seres absurdos, supón que toda a historia da humanidade é un proceso hediondo de pao e cenoura. Resumindo, fascismo sen máis. Por suposto el parece pertencer a unha clase aparte, diferente que se automotiva: un supremacista. De novo fascismo sen máis.
Se realmente este individuo na súa empresa só atopa vagos, pícaros e aproveitados, unha de dúas: ou ten moi moi mala sorte ou escolle francamente mal polo que a culpa sería del. No fondo da pena e debería mover á compasión. Un sentimento que lle é alleo.

Um comentário:

xOsse dorrío disse...

Si os seus traballadores fosen uns vaogos el tería o capitel que ten. Todo o que tén é o resultado das plusvalías do traballo non remunerado e das axud públicas cobradas. Sen todo iso el non sería ninguén!