18.1.10

A miña espiritualidade

Coincidiume estar conducindo cando na Cadena Ser lle fixéron as dúas entrevistas ao Obismo Munilla. Para este señor, vista a miña espiritualidade, estou peor que os de Haití. Ao día seguinte di que o interpretaron mal. Claro. Todo o mundo o maltinterpreta e o can coumeuse os meus deberes, Seño.
Alédome moito de vivir nun estado máis ou menos (menos) laico, e máis ou menos estructurado porque un tipo así en Afganistán chámase talibán. Este imán de medio pelo (ou ningún) amenaza con males maiores, segue a pensar que iso lle funciona. Frivoliza coa desgracia allea. E inda por riba creerá o tipo que é orixinal e listo.
Deus (mesmo o seu) nos libre de individuos desta pelaxe.
Agroa marcho a tomar un café con tarta e a lamentarme pola miña espiritualidade e o ben que o están a pasar en Haití.

Nenhum comentário: