A verdade é que debe ser ben triste ser Feijoo. É un tipo bastante normal, tan normal que leva nas costas todos os prexuicios e lastres de calquera galego medio de extracción humilde e que estudiou un pouco. Este é un motivo de tristeza, por moi do PP que sexa con piso en Vigo non deixa de ser un tipiño de Ourense. Galicia é un país de desclasificados, todos queren ser o que non son: pailáns que queren pasar por urbanitas vigueses do PP, urbanitas periféricos que queren facerse pasar por socialistas cando o único que son é labregos de segunda xeración, pequenos propietarios en definitiva. Obsesivos urbanitas que se queren facer pasar por urbanitas nacionalistas pero de falsa extracción rural e rurais de segunda xeración que cren recuperar unha inexistente arcadia nacional. Un país de tristes presidido por Feijoo.
Chegou á presidente da Xunta porque non podería ser doutro xeito, pillouno no sitio axeitado no momento oportuno.
Feijoo non é un tipo listo, para nada: chega a Xunta montado nun Audi que non da vendido e sobre as costas de dous dos tristes máis patéticos que deu o país: Touriño (que equivocou o seu século) e Quintana (que equivocou o seu partido, debería ser do PP, bailar cos vellos mentres Baltar toca o trombón). Feijoo pensa que é liberal e de dereitas, pero o pobre non ten nin idea. Intentouno: fixo boas chamadas de teléfono para configurar un equipo que non dera moito o cante, pero nada, déronlle as costas así que se rodeou de quen poido: os máis mediocres de cada casa. Unha ollada aos seus Conselleiros e os seus Dir. Xerais permite confirmalo. Case se podería dicir que chegaba con que estiveran ben educados, pero nin eso.
Pero é un triste con sorte, non existe a oposición e caso de existir, podería ser tan triste como el e tan mediocre como o seu goberno.
Feijoo pensa que é liberal pero non é máis que un galego común con espíritu de funcionario que cambiou os zocos por uns nauticos. Feijoo pensa, e extende esa fama, de que é un tipo eficaz pero tan só é un tipo esforzado como o seu abó sachando nas patacas. Feijoo pensa que goberna, pero gobernar é construír, non desmantelar. Feijoo pon a unha aldeana talibán do opus e a un gay xuntos e pensa que é listo cando o único que fai é apañar o que pode.
Insisto, é un triste con sorte. Tanta que ante o desastre do PP se cadra ata flota e chega a algo máis. Ben sabía o emperador Claudio destas tácticas, a Feijoo saénlle naturais.

3 comentários:
Non dubido de que tenhas razón. Feijoo é un tipo triste... mais el non o sabe. E de momento está moi, moi feliz
pódese ser triste e estar feliz. xa lle chegará o seu s. martiño...
Feijoo tamén se equivocou de momento na historia. Pero creo que é algo bastante extendido entre nós. Algúns sobramos por falar a lingua que o resto desprezan e os outros non teñen mui claro que facer con nós se non querer quedar de malos na historia. Feijoo sería un home feliz nos anos 40 facéndolle a pelota a Risco.
Postar um comentário