7.9.09

Homer

Os Simpson son do mellor da tv de todos os tempos. Non é que os siga, só os vexo cando me cadra. Hai un par de días estaba a cociñar, tiña a tv posta no salón cando escoitei:
Tv- ... según recientes investigaciones, la contaminación de Springfield SÓLO es perjudicial para ancianos y niños.
Homer- YUJUUUUUUUUUUU!!!!
Hai xa anos que os guionistas merecen o Nobel por intres de xenialidade coma ise.

Por certo, qué pasaría se os Simpson viaxaran a Galicia nun episodio? ....

Um comentário:

oko disse...

supoño que quedarían varias temporadas...