4.8.09

Verán, é certo?

Logo de traballar como un condenado este mes, salto dun trampolín.
Trampolín trampolín trampolín: soa ben, raro e antiguo. O trampolín das vacacións. vacacións vacacións vacación: soa increíble.
Vai calor e N arrincoulle dúas teclas a este teclado teclado teclado.
Imos ir a unha illa, unha cidade, unha aldea e a un pobo, é dicir a Illacidadealdeapobo

Nenhum comentário: