O turismo é un tipo de fuxida que conduce sempre ao fracaso: o turista sempre regresa á súa vida.
O turista é un arrepentido prematuro.
Facer turismo, ver turistas, é como repetir(se) unha mesma obra de teatro unha e outra vez pero cambiando a decoración. As mesmas gilipolleces ante as pirámides de Egipto que ante a pirámide do Louvre, as mesmas mamarrachasdas nas praias de Cádiz que nas praias de Acapulco.
O turista leva camiseta, nalgúns sitios chámanlle T shirt, etc.
O turismo é un agradable orballo de cartos e ignorancias.
29.6.09
Assinar:
Postar comentários (Atom)
2 comentários:
Hai xente para a que a vida é o turismo. Os outros 11 meses do ano son parénteses nas que aforran cartos, amosan fotos e aburren aos amigos con anécdotas que só lles parecen divertidas a el@s.
A min, ás veces, gustaríame formar parte dese grupo de xente feliz.
Boa reflexión. A fin de contas eu o que procuro é fuxir cando viaxo.
Postar um comentário