11.6.09

Euronada

General motors: privatizada, Opel, tamén. O capitalismo salvaxe caeu, nunca máis desregulación e chorradas como "el estado, tan grande como sea necesario, tan pequeño como sea posible" (esta gilipollez escoiteina así as dúas beiras do Atlántico e en dous hemisferios...).
A esquerda non existe, non di nada, tan so tonterías sobre Berlusconi y ñoñerías sobre o Ave, Obama e as enerxías "alternativas" (Zapatero). Desaparecida.
Tal falta de talento, intelixencia e iniciativa non pode ser casual pero tampouco sei moi ben qué pensar. Está o delanteiro centro só a un metro da portería, libre, e en vez de chutar, rasca os collóns. Vale.
Na rexión galega: tampouco hai esquerda, os da estreliña, inútiles dereitosos e reaccionarios, os outros, nada, o de sempre.
Logo Sarkozy fancendo política máis de esquerda que a socialdemocracia europea. Curioso.

Europa: Hai catro niveis de participación en urna: locais, autonómicas, estatais e europeas. Vale que onde se decide qué teatro e qué iluminación poñen na túa cidade é a nivel local. Vale que a nivel autonómico é onde se coce a túa vida diaria. A nivel estatal... defensa, relacións exteriores, catro cousiñas... pero é a nivel europeo onde se decide o futuro, o que vai pasar dentro de 5 anos. en todo o que afecta a tua vida. Todo. Que ningún político, pero, ollo, ningún xornalista tampouco, ningún sesudo analista nin poliinsaturado tertuliano sexa capaz de decilo é simplemente... simplemente, non sei, qué é? desesperante, estúpido, catastrófico, significativo, vergoñento...?

Non pasa nada, en canto se incrementen as necesidade de petróleo veremos que non era unha pausa na festa, senón o fin da verbena.

Menos mal que polo menos parece que chegou o verán con tardes de xelado e dedos dos pés ao aire.

Nenhum comentário: