21.4.09

Dende a irritación ao insulto e de aí a extinción

Primeiro soaba a xeito de disculpa. Logo, parecía que algún creía o tema. Máis adiante eleboraron teorías completas. E finalmente tomou corpo de verdade. Ou dogma, que neste caso é así.
Así, o que comezou como unha disculpa irritante e estúpida remata no que eu entendo que é un uténtico insulto e menosprezo da sociedade galega en xeral e, particularmente dos seus propios votantes. Non me refiro máis que a teoría de que La Voz de Galicia é a culpable da perda de votos no BNG. Aquí, un exemplo máis.
O peor é que non se dan conta do insulto: unha boa mostra de que a estupidez mesma impide ser consciente dos teus propios actos. Está por escoitar que un dirixente dese bloco diga públicamente: si, fixémolo mal. Esto ten unha consecuencia: se non cambian de hipótese están destinados a extinguirse. E a min, por suposto, dame igual.

Nenhum comentário: