22.1.09

Sorpresas

Teño unha hipótese:
O BNG fixo unha brutal viaxe á dereita, ao neoliberalismo, ao caciquismo, ao populismo (co permiso de Superpiñeiro), a brutalidade ambiental, aos dogmas de fe, á propaganda valeira como forma de acción política, etc.
Sen dúbida vai gañar votos de determinados sectores ata agora inéditos. Agora ben, vai perder os votos dos votantes máis de esquerdas e concienciados socialmente e non son poucos. Polo tanto vai levar unha boa sorpresa cando vexa o 1 de marzo que tras a viaxe ao abismo vai quedar como estaba. É unha hipótese nada máis. O día 2 de marzo direi algo ao respecto. Levo con esta hipótese varios meses. Onte falei cunha milintante do BNG que ten claro que non lles vai votar. En calquera caso xa perderon: perderon á xente valiosa e quedaron cos fieis incondicionais.
O PSOE gañará unha chisquiña a conta do PP. Claro que as cousas poden quedar como están se a fantástica "esquerda" que temos bi-gobernando consegue desmobilizar (desilusionar) e quedamos todos na casa. Entón ao mellor incluso Feijoo gaña. E sería a segunda sorpresa.
A(ff) sostén que sería horrible porque non teríamos desmontado a rede caciquil dos últimos anos... eu creo que se cadra non é tan malo: daría para reflexionar á esquerda que hai que facer as cousas ben e saber quén es e quén te vota. Veriamos.

3 comentários:

Anônimo disse...

pois eso que dis é bastante probabel

Martha Argel disse...

voltei. coloquei o link de seu blog no meu. saudades! como estão as coisas?

Anônimo disse...

Tes tanta razón que case dá medo.A pena é que Galicia necesitaba un partido como o BNG de Beiras non esta cacicada cutre do BNPP