14.11.08

Sr. Chinarro


O Sr. Chinarro (na Capitol, o pasado día 7) dixo que en Galicia ainda non tiñamos circunvalacións; eu obviamente non o tomei literalmente senón metafóricamente e pensei que tiña razón.
Se cadra el falaba literalmente pero as dúas copas que me botei pa dentro dábanme bonitas percepcións da(s) realidade(s).
Puido ser un concerto do montón, pero todo o montón era meu.

2 comentários:

xabre disse...

Téñolle ganas a un concerto do Sr. Chinarro.

Tímidos do mundo, unídevos!

contraportada disse...

Jo qué envexa, encantaríame ter estado alí, é un deses descubrimentos (deste verán no meu caso), que me da pena non ter feito antes.
Qué sortudo!!!
Bicos