28.11.08

Relativismo

Vai unha tarde de cans, chove, vai frío, as 6 da tarde é noite pecha totalmente. A saída dun supermercado hai un mendigo de idade coas suas pertenzas e dous cans. Pasa outro, máis ben tirando a perroflauta. Os cans de ambos interactúan baixo a choiva, os rabos entre as pernas. O perrofluatico pregúntalle ao outro " y qué tal te va?". "Bien", contéstalle.
O relativismo, supoño, é que en definitiva non se consuela quen non quere.

5 comentários:

W. Sobchak disse...

home... eu non estaba alí, mais dame a min que ese "ben" era máis umha resposta de cortesía que umha resposta sinceira

sara jess disse...

e que pensarían os cans?

LM disse...

e se disse-se mal?
beijos

DESORDE disse...

Mal? sería máis descriptivo da realidade.
os cans, non pensan, limítanse a actuar...

LM disse...

buf...nom sei se tou preparada para retrucar porque se digo que aí já entra o conceito de realidade de cada quem...
beijos