15.10.08

Millonario excéntrico, meme

Dende o bló de L&M convídanme a escribir un meme que consiste en citar 5 cousas que faría se fose un millonario excéntrico de poderes ilimitados. Ben, creo que non son moito de facer excentricidades nin de ser particularmente excéntrico (xa me chega coa miña profesión e coa miña ideoloxía) ademáis as excentricidades, creo eu, son postizos de personalidade e como xa comentei noutras ocasións unha personalidade forte é moi aburrido, así que se non a tes non hai porque forzarse (pensamento atropellado pero máis ou menos é así).
1. Contrataría/montaría un buffete cuns 500 avogados sen límites de gasto para revisar toda e cada unha das cousas que fan as administracións galegas: pararía todas as irregularidades e ilegalidades que fan. Pararía o país e sería grandioso. As caras dos funcionarios e políticos pensando que teñen que facer as cousas de xeito regular e ben non terían precio. Consecuentemente tería que contratar seguridade privada...
2. Montaría un grupo, ou varios, de comunicación superpotente onde o que menos importase foran os beneficios. A liña editorial marcaríaa eu. A nivel galego habería unha sección nun xornal e nunha televisión privada, con ánimo didáctico-humorístico, que se podería chamar "escarnio" onde se puxese de manifesto as manipulacións, terxiversacións e a ignorancia de outros medios de comunicación onde La Coz de Galicia brilaría cunha cegadora luz própia. Debería reforzar a seguridade privada...
3. Viaxaría por todo o mundo. Esto non é moi excéntrico. Cidades as xustas, estaría polo monte.
4. Estaría ao tanto de concertos interesantes e iría a eles específicamente, oe, que toca Radiohead en Nova York, pois veña, imos para alá. Bah, pensoo pero se cadra logo non o faría.
5. N. estudiaría igualmente en colexios públicos e empregaríamos a sanidade pública. Esto sí que é excéntrico.
Ben, xa está. Pásolle o meme a: Sara Jess, Pat, Ra, A Túa Nena e Opaco. Por suposto se teñen a ben xogar a esto, non é obrigatorio.

7 comentários:

Anônimo disse...

vou abrir unha conta para que desorde se faga millonario...eu pagaría por velo
logo xa falariamos da comisión

LM disse...

onde hai que ingresar?

Anônimo disse...

despois de ler a resposta 1 e mais a 2 dubido que fose quen de viaxar polo mundo, ou ir a concertos e, moito menos, levar á N a calquera sitio público. xa sabe, a seguridade privada que terían que levar faríao imposible :D

e se fose quen de conseguir o 1 e parar o país, ben podería empregar á nosa familia na súa(policia política), perdón, seguridade privada ou no seu grupo de comunicación :P

non sei ben que son as excentricidades, e malia que non saber responder a este, non deixe de pasar memes :)

p.s. e non temería que a cohorte de avogados se lle convertise nunha nova administracionciña, o seu grupo de comunicación no no-do e vostede nun dictador?

Con todo, eu tamén pagaría por velo :)

llll disse...

pensareino. pero polo de agora todo dios me debe cartos (concellos incluidos, administración e empresas privadas). así que non sei se me dá para soñar moito. é o que che ten a realidade: mata os soños ás veces.

beijo.

Desorde disse...

opaco: unha nova administración dubídoo, eu levaría a xestión con extremo rigor! e respecto ao no-do e a miña condición dictatorial.... máis ou menos si. agora temos que aguantar a outros cos seus no-dos así que por qué non eu? ou ti? ou o veciño dabaixo? simplemente porque non procedemos/estamos nas "familias" apropiadas?

Ra disse...

Me resultaría más cercano imaginar uno en plan "Qué haría si no tuviera un duro", Caballero Desorde, pero se hará lo que se pueda ;D

Gracias por la invitación, y disculpe mi tardanza. Abrazo.

Ra disse...

Misión cumplida ;D