19.8.08

A consorte do psicópata


De De Juan Chaos téñense dito moitas cousas. Eu creo que non hai nada que dicir por moito que me contradiga poñendo estas letras, qué máis se pode dicir dun psicópata con 25 mortes detrás? non hai nada máis, nin menos, que mirarlle para a cara, inda que non sexa particularmente favorable a xulgar á xente polo careto sen máis, pero esa expresión de desprezo e odio absolutos non ten nome.
A min o que me interesa é a súa muller. Ten unhas pintas do máis común, podería ser a noiva de calquera e non é dificil de maxinar en calquera contexto común e cotidiá. Pero non, non é así: é a moza do psicópata, unha tipa que decide querer e pasar a súa vida con ese ser. Non dubido que De Juana poida follar moi ben ou cociñar unhas boas kokotxas (que o dubido) ... pero qué máis? creo que a resposta hai que buscala na secta/burbulla á que pertencen na que De Juana debe de ocupar un posto moi alto o que o fai desexable de cara ás femias dese rebaño. Nin máis nin menos que vulgar comportamente animal, como cando o que ligaba de mozo era o que tiña o mellor coche ou a mellor moto, ou como cando un banquero vello e barrigón sae cunha modelo que poidera ser a súa neta.... nin máis nin menos, pero ese é o problema: o tema do terrorismo vasco é moito máis complexo que un mera cuestión política ou unha simple historia de violencia.
En qué pensa esta muller? mataría ela tamén a 25 persoas? poñería unhas bombas por aí adiante? é o seu home querible e atractivo?.
Dame polo cú o tema vasco, pero o desta tipa, como "caso" é impagable.

Um comentário:

Ra disse...

... de ese "rebaño". Usted lo ha dicho, Sr. Desorde. Así da miedo dormirse contando ovejas.

Abrazo.